Denis Suárez, baixa para recibir ao Eibar

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Jose Manuel Vidal.

O salcedense viu a quinta amarela fronte ao Betis

21 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Denis Suárez terá que cumprir un partido de sanción o domingo (18.30 horas) ante o Eibar, xa que onte, fronte ao Betis, viu a quinta amarela nun lance mediada a segunda metade con Lainez. O centrocampista de Salceda non tivo o seu mellor día, e seguramente quedou tocado no anímico na perda de balón que orixinou o segundo gol dos béticos, xusto antes do descanso.

O canteirán levaba apercibido desde a xornada 16, cando vira a súa anterior cartolina ante o Huesca o 30 de decembro. Previamente, tamén fora amoestado nos duelos ante Elxe na novena xornada, Sevilla na décima e Cádiz na décimo terceira.

Seguen apercibidos Hugo Mallo, Néstor Araujo e Lucas Olaza -que non disputou o partido de onte tras ter estado en contacto cun positivo-. Ademais, Renato Tapia viu a primeira amarela do seu segundo ciclo tras cumprir sanción a semana pasada e Aarón Martín foi amoestado tamén na súa estrea como céltico en Primeira.