O Celta presenta a Cidade Deportiva Afouteza

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

O club fai público o nome elixido para as novas instalacións, que xa había transcendido, e o primeiro equipo inicia a despedida da Madroa

25 novs 2020 . Actualizado ás 12:20 h.

Como xa transcendera a través da Federación Galega de Fútbol, así como da Española, as novas instalacións do Celta en Mos recibirán o nome de Cidade Deportiva Afouteza. Faltaba o anuncio oficial por parte do club, que chegou esta mañá cun vídeo onde A Madroa é protagonista ininicialmente, para logo deixar paso á nova cidade deportiva. Mañá, xoves, o equipo adestrará por primeira vez alí.

O club colgou en redes sociais un vídeo con imaxes da Madroa, repasando as diferentes dependencias e con Iago Aspas abandonando o lugar onde se formou e adestrou durante a maior parte da súa carreira para pór rumbo a Mos. A continuación móstranse imaxes da Cidade Deportiva Afouteza, que será inaugurada este sábado, día en que acollerá xa o derbi de División de Honra Xuvenil entre Celta e Deportivo.