Araujo: «Con todo o que pasamos, somos máis fortes mentalmente»

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O central céltico ve ao equipo un punto por amais no aspecto físico

21 sep 2020 . Actualizado ás 19:43 h.

O céltico Néstor Araujo respondeu a preguntas dun par de afeccionados para A Liga . O central mexicano comentou que xoga na que para el é a mellor liga do mundo, polo que a nova tempada «non vai ser doado». Con todo, móstrase optimista. «O equipo está un pasito máis fisicamente e despois de todo o que pasamos, estamos fortalecidos mentalmente seguro», indicou antes de desexar que as cousas vaian «moito mellor» este curso. Mesmo se comprometeu a raparse ao cero en caso de clasificación europea. «Oxalá o logremos», engadiu.

Ademais, lembrou Araujo que lle custou adaptarse á súa chegada a España. «Esta liga ten aos mellores xogadores do mundo. O ritmo de xogo e a velocidade de balón son altos e levoume cinco ou seis meses adaptarme», analiza. En canto á cidade, resultoulle máis doado. «Vin coa miña esposa e os meus cans e a xente do club fíxoo moi doado a pesar do complicado de non coñecer absolutamente nada cando chegas», agradece. E aínda que aprecia o polbo e o marisco, queda coa comida do seu país cando lle dan a elixir. 

O internacional con México desexou tamén que se poidan reencontrar canto antes co público en Balaídos. «No vestiario falamos de como se senten os recibimentos. A afección é moi gentil e oxalá nos poidamos REVISAR ver alí pronto».