O conxunto vigués falla un carrusel de ocasións e non pasa do empate nun partido transcendental ante o Eibar

x.r.castro

O Celta mellorou as súas prestacións e creou suficientes ocasións para gañar un partido marcado en vermello e engancharse á vida, pero condenoulle a súa falta de gol e rematou empatando cun Eibar que non fixo máis nada que defenderse. Pione Sisto, Aspas, Rafinha, Santi Mina, Beltrán, Denis... a nómina de oportunidades diáfanas case podía acadar a Rubén, pero este Celta que parecía seguro de gol ata o verán pasado converteuse nun foco de alarmante seca: 0-0. O resultado converte a tarefa da salvación nun reto superlativo dado o escenario actual.

Foi o día das ocasións erradas. Dos 18 disparos a porta que reza a estatística, cinco foron entre os tres paus e todos eles ocasións moi claras de gol.

O carrusel de fallos comezou no primeiro tempo con catro ocasiones clarísimas a pesar de que non entrou ben o cadro de Óscar García ao encontro (Orellana cabeceou só ás mans de Rubén na primeira chegada do Eibar), nin o seu xogo foi o suficientemente fluído e vertical, pero nesta ocasión atopou os camiños cara á área rival. Beltrán e Santi Mina estiveron ao bordo do gol cun disparo a pelacorpo ante Dmitrovic do toledano e posterior rexeite do vigués que foi bloqueado por un rival cando xa se coloca.

Logo Iago Aspas inventouse unha contra xenial con chegada á liña de fondo o seu rematador, o moañés non puido conectar con claridade pisando a área pequena un pase tensado de Kevin e un roubo de Pione Sisto acabou cun paradón do porteiro armeiro.

Unha colección á altura das mellores ocasións que non tiña tradución no marcador. Algo parecido repetiuse no segundo tempo. O día da falta de acerto tivo continuación cunha mala elección de Pione Sisto, que comezou na esquerda, pasou á dereita e foise do campo cun cabreo monumental cando foi relevado.

Lugo Aspas, que pasou a xogar na banda dereita tras a entrada do Toro Fernández, intentouno de chilena, Olaza enviou unha falta á cruceta... pero aínda houbo máis. Primeiro unha caída de Iago Aspas por derriba de Inui que o árbitro castigou con cartón (a quinta do moañés), unha falta enviada á madeira por parte de Lucas Olaza e un jugadón de Iago Aspas chegando á liña de fondo para servir un balón de ouro a Rafinha no pase atrás que Rafinha enviou fóra con toda a portería para el. O carrusel acabou cunha caída de Denis na área pequena que o árbitro nin quixo revisar.

O empate prolonga a agonía do Celta , que por amais perde a Aspas para Valencia. A permanencia ponse máis cara cada día.

Ficha técnica:

0 Celta : Rubén Blanco ; Kevin Vázquez (Hugo Mallo, min.74), Murillo, Araujo, Olaza; Beltrán, Okay; Santi Mina (Denis Suárez, min.72), Rafinha, Pione Sisto (Toro Fernández, min.60); Aspas.

0 SD Eibar: Dimitrovic; Tejero, Burgos, Bigas, Cote; Sergio Álvarez (Cristóforo, min.52), Edu Expósito; Pedro León (Diop, min.74), Orellana, Inui (De Blasis, min.64); Sergi Enrich.

Árbitro: González González (castelán-leonés). Mostrou cartón amarelo a Iago Aspas por parte do Celta de Vigo.

Incidencias: Encontro correspondente á vixésima primeira xornada de LaLiga disputado no estadio municipal de Balaídos ante 15.490 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memorial Manuel Argüelles (responsable de acceso durante 50 anos do Celta ) e Antonio Reboreda (abonado número 6 do Celta ).