O Celta Xuvenil de División de Honra afianza o seu liderado

M. V. F. VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Boa xornada na canteira, con triunfos de todos os equipos que xogaron a fin de semana

02 dic 2019 . Actualizado ás 10:58 h.

A canteira celeste asinou outra fin de semana practicamente perfecta desde xuvenís cara abaixo e deixando á marxe a decepcionante actuación do Celta B en Mallorca. Os equipos que xogaron a fin de semana -algúns farano hoxe e mañá- gañaron os seus partidos e a maioría son líderes, con mención especial para o invicto Xuvenil de Divisiónd de Honra, que só cedeu catro puntos en dous empates.

Xuvenís

O Celta Xuvenil de División de Honra volveu sumar de tres tras o empate da semana pasada e segue como intratable líder invicto. Impuxéronse por 5-2 na Madroa ao Calasanz nun duelo no que comezaron perdendo e no que anotaron para o equipo de Jorge Cuesta Aldán Naval en dúas ocasións, Gael Alonso, Miguel Rodríguez Vidal e Carlos Domínguez. Sacan catro puntos ao segundo, o Sporting, e nove ao terceiro, o Deportivo, que caeu ante o Conxo.

Celta Xuvenil A - División de Honra Xuvenil

Primeira posición, 32 puntos en 12 xornadas (10V, 0D, 2E).

Goleadores: Miguel Rodríguez Vidal (6), Gabri Veiga (5), Raúl Blanco (5), Aldán Naval (4), Fran López (4), Ghessy (3), Carlos Domínguez (2), Carlos Martínez (1), David Vilán (1), Alberto Lago (1), Gael Alonso (1).

Un triunfo máis, e van doce en 13 xornadas, para un Xuvenil B de Liga Nacional que segue invicto. Esta fin de semana impúxose a domicilio ao Porriño Industrial cun resultado de 1-4 tras comezar por detrás no marcador e remontar grazas aos goles de Mario Cantero, Jesús Ares, Arnau Farnós -máximo goleador da categoría con 14 tantos- e Brais Penela. Sacan nove puntos ao segundo, o Deportivo, e a próxima semana mídense ao Areosa.

Celta Xuvenil B - Liga Nacional Xuvenil

Primeira posición, 37 puntos en 13 xornadas (12V, 0D, 1E).

Goleadores: Arnau Farnós (13) ,Jesús Ares (6),  José Pérez (5), David da Igrexa (5), Brais Penela (5), Pablo González Meixus (4), Mario Cantero (4), Hugo Álvarez (2), David Vilán (2), Manuel Fernández (1), Facu Moreyra (1).

Cadetes

Tras o empate da xornada pasada, o primeiro da tempada e segundo no que deixaban escapar puntos tras ceder unha derrota, o Celta de División de Honra Cadete impúxose por 1-8 ao Victoria . Aínda que comezaron perderon, sacaron o partido adiante con solvencia grazas aos goles de Tobías Recluída (2), Álex Comparada -pichichi da categoría-, Fernando Garrido (2), Robert Carril e Pedro Carril (2). Ponse con 34 puntos antes de recibir ao Val Miñor a próxima semana.

Celta Cadete A - División de Honra Cadete

Segunda posición, 34 puntos en 13 xornadas (11V, 1D, 1E).

Goleadores: Álex Comparada (22), Fernando Garrido (8), Robert Carril (7), Tobías Recluída (6), Pedro Carril (4), Henok Abalde (3), Stefan Bajcetic (2), Roi Tato (2), Azael García (2), Roi Parguiñas (1), Iker Baltar (1), Pablo Vicente (1).

Despois de colocarse como líder en solitario por primeira vez a semana pasada, o Cadete B sumou tres puntos máis na súa visita ao Pavillón Ourense -que chegaba como segundo e cae á quinta praza-, ao que venceu por 1-2. Abriu o marcador Martín Martínez Corbera e, aínda que empataron de inmediato os locais nos primeiros minutos do partido, na recta final anotaba Noel González o tanto do triunfo. Sacan tres puntos ao Rápido e o seu próximo rival será o Velle.

Celta Cadete B - Liga Galega Cadete

Primeira posición, 31 puntos en 13 xornadas (10V, 2D, 1E).

Goleadores: Álvaro Santos (9), Izan Regueira (5), Lucas Camba (5), Martín Martínez (4), Noel González (3), Robert Deziel (2), Javier Muíño (2), Jairo Cantelar (2), Ares Outeiral (2), Mohamed Dahmouni (1), Eduardo González Ricón (1), Pedro Rodríguez Vidal (1), Anxo González (1), Miguel Ángel Salgado (1).

Infantís

Van trece xornadas invicto para o Infantil A, que asinou a súa duodécima vitoria por 0-5 en casa do Santa Mariña. Os autores dos goles foron Óscar Marcos, Jorge Pascual en tres ocaciones e Miguel Conde, que continúa como máximo goleador da categoría con 20 tantos nos doce encontros nos que interveu. Avantaxan en tres puntos ao Areosa e a próxima semana enfrontaranse ao Atios na Madroa.

Celta Infantil A - Liga Galega Infantil

Primeira posición, 37 puntos en 13 xornadas (12V, 0D, 1E).

Máximos goleadores: Miguel Conde (20), Adrián Almón (12), Jorge Pascual (9), Martín Martínez (9), Jaime Goris (8), Andrés Antañón (5), Víctor Cortegoso (4), Izan Regueira (3), Manuel de la Fuente (3), André Delgado (3), Iker Calleja (3), Xaquín Martínez (1), Xavier Cidre (1), Anxo Arcos (1), Óscar Marcos (1).

O Infantil B repúxose do tropezón da semana pasada cunha vitoria contundente (12-0) na Madroa fronte ao Lavadores. Os goleadores foron Anxo Davila (2), Roi Rodríguez, Nicolás Oliveira (3), Pablo Vázquez (4), Hugo Durán e Iago Barreiros. Seguen como líderes con dous puntos máis que o Colexio Fogar. A próxima semana enfróntanse ao Porriño Industrial.

Celta Infantil B - Primeira Infantil

Primeira posición, 42 puntos en 15 xornadas (14V, 1D, 0E).

Goleadores: Pablo Vázquez (19), Anxo Davila (15), Nicolás Oliveira (14), Pedro Bouzada (13), Hugo Durán (13), Iago Barreiros (7), Hugo Caride (6), Álex Ribeiro (6), Álvaro Álvarez (5), Jorge Grajales (3), Pablo González (3), Roi Rodríguez (2), Alejandro Barreiro (2), Arón Alonso (1), Anxo Rodríguez (1), Bryan Bugarín (1), Denis Gregorio (1), Fernando Fernández (1).

Alevíns e benxamíns

O Alevín A enfróntase este luns ao Rápido de Bouzas. Caeron provisionalmente á terceira posición e deben gañar para recuperar a segunda que ostentaban ao comezo da xornada.

Décima vitoria en dez partidos para o Alevín B, que non tivo piedade do Arenas de Alcabre e superoulle na Madroa por 17-0. Manteñen a vantaxe de tres puntos sobre o Cristo da Victoria e levan xa 128 goles a favor por catro en contra. O Atlántida de Matamá será a semana que vén o seu antepenúltimo rival da primeira fase.

Celta Alevín B - Segunda Galicia Alevín

Primeira posición, 30 puntos en 10 xornadas (10V, 0D, 0E).

O Benxamín A visitará este martes ao Val Miñor. Pase o que pase neste partido seguirán líderes, pois teñen dous puntos máis que o segundo clasificado cun partido menos. O Benjamín B, pola súa banda, non disputará o seu partido desta xornada ata o vindeiro sábado.