O 1x1 do Vilarreal - Celta

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

OMAR ARNAU

24 novs 2019 . Actualizado ás 22:11 h.

Iago Aspas - 7

Dous goles marcan o seu regreso triunfal como goleador para o Celta . Non marcaba por partida dobre desde o último encontro da o tempada pasada.

Sergio Álvarez - 5

Cumpriu no seu regreso. Nada puido facer no gol, tivo pouco traballo, pero estivo correcto en todas as accións.

Hugo Mallo - 5

Sufriu con Chukuwueze no primeiro tempo pero tamén lle deu profundidade á banda. Participativo.

Aidoo - 5

Tivo algunha lea coa saída de balón e o gol do Vilarreal cóllelle por detrás. Intenso como sempre.

Araujo - 6

Ten o don de estar ben colocado case sempre. Ben no xogo aéreo menos no balón parado.

Olaza - 6

Ben co balón nos pés e igual de correcto á hora de defender pese ao 2 contra 1 do rival na súa banda.

Pape Cheikh - 5

Moitos quilómetros de percorrido para atender o centro do campo. Notou o cansazo antes de ser relevado.

Lobotka - 6

Foi o encargado de recibir o balón entre centrais e nunca lle queimou o esférico. Asumiu responsabilidades.

Brais Méndez - 6

Volveu á titularidade cun partido de moito traballo e pouco lucimento. Foi o primeiro cambio.

Denis - 6

Moi participativo e con moito criterio á hora de filtrar pases no segundo tempo. Xogou polo centro.

Piones Sisto - 6

Marcou o seu primeiro gol da tempada e estivo moi participativo. Tivo un man a man co porteiro rival.

Santi Mina - 5

Achegou traballo e tivo unha clara oportunidade na súa volta tras a lesión. Deulle un punto de aire ao equipo.

Beltrán - 5

Moi importante a súa entrada para dar osíxeno ao equipo. Os seus minutos axudaron a recuperar o mando do duelo.

Costas -

Saíu nos últimos minutos para reforzar a liña defensiva e estivo moi centrado na súa tarefa.