Brais Méndez, novidade no parte médico

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O xogador non puido adestrar hoxe por unha faringoamigdalitis aguda

15 oct 2019 . Actualizado ás 12:26 h.

O canteirán do Celta Brais Méndez incorporouse hoxe ao parte médico debido a unha faringoamigdalitis aguda. O xogador presentouse nas instalacións deportivas da Madroa, pero non puido adestrar co equipo, xa que debe gardar repouso.

Brais incorpórase así aos laterais Lucas Olaza e Kevin Vázquez, así como ao atacante Juan Hernández. O único dos tres que ten algunha opción -moi remota- de chegar ao partido do domingo fronte ao Alavés é o uruguaio, cunha rotura grao I no sóleo da perna dereita e un período de baixa de entre dez e quince días. 

Para máis tempo ten Kevin, que sufriu unha rotura fibrilar músculo recto anterior dereito que non lle permitirá estar dispoñible polo menos en seis semanas. En canto a Juan Hernández, a súa é unha lesión de longa duración ao ter recaído do problema no xeonllo que sufriu hai algo máis dun ano.