A continuidade de Sergio, unha decisión aplaudida

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

M.MORALEJO

O 86 % das penas que responderon a La Voz avalan que O Gato de Catoira siga no equipo no curso 2019/2020

03 jun 2019 . Actualizado ás 07:55 h.

O 86,7 % das penas, un total de 85, apoian que Sergio vaia a seguir no equipo a próxima tempada. Mouriño comentou que sería el quen tería a última palabra, descartando a opción que tiña o club de cortar unilateralmente o contrato ao non ter acadado o de Catoira un número dado de partidos, e a súa contorna confirmou que seguirá.

A nota media para Sergio é un 5,91 e valórase o seu compromiso e o que achega no vestiario máis aló dos partidos disputados. Para algunhas penas era unha prioridade poder seguir véndolle como céltico o próximo curso.