O Celta oficializa a renovación de Costas ata o 2022

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

rccelta

O central amplía a súa vinculación actual por outras dúas tempadas

28 may 2019 . Actualizado á 22:42 h.

O central David Costas seguirá sendo celeste ata o 2022. O Celta confirmou hoxe a renovación do contrario do canteirán por dúas tempadas, xa que o seu actual vínculo co club vencía ao finaliza a próxima tempada, no 2020.

«O mozo canteirán de 24 anos de idade, ao que restaba unha tempada para finalizar o seu actual contrato co RC Celta, selou esta mañá na Sede a súa renovación por dúas campañas máis», expresa a entidade nun comunicado.

Lembra que se formou na canteira do Celta e debutou en partido oficial co primeiro equipo en agosto de 2013. Na última tempada disputou 15 partidos e acumulou máis de 1.000 minutos en Primeira División. «A súa fidelidade ao club e a súa profesionalidade son un exemplo para os mozos da Madroa e coa súa renovación o RC Celta referenda unha vez máis a súa decidida aposta pola canteira», subliña o club.