O Zulte quere quedar con Théo Bongonda, ao que segue o AEK Atenas

La Voz

BANCADA DE RÍO

ZULTE WAREGEM

A prensa holandesa especula cun posible acordo verbal para que continúe no seu país

18 jun 2018 . Actualizado ás 22:54 h.

Théo Bongonda é un dos futbolistas aos que o Celta deberá buscar acomodo este verán, dado que é moi pouco probable que se incorpore ao equipo de Antonio Mohamed. O belga, tras o seu paso con máis pena que gloria polo Trabzonspor, acabou a campaña cedido no Zulte Waregem do seu país, e segundo medios belgas o club quere seguir contando co extremo, que ata agora estaba cedido. Segundo a cabeceira Het Nieuwsblad, mesmo existiría un acordo verbal entre Théo e o Zulte para que o futbolista continuase no vestiario.

O Celta e o Zulte terían que negociar para acordar a saída de Bongonda, pero segundo a prensa belga hai outros clubs que se poderían meter por medio, e entre eles está o AEK Atenas da Superliga grega, que adestrará o sevillano Manolo Jiménez. O club heleno seguiría os pasos do mozo extremo de 22 anos, ademais dalgún outro club de España e Alemaña.

O AEK Atenas foi o último campión da liga grega.