O Celta lograba virtualmente o ascenso en Tarragona tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vazquez

Os celestes vencían con goles de Iago Aspas e Natxo Insa e quedaban a un punto de certificar a volta a Primeira

27 may 2019 . Actualizado ás 22:42 h.

2012: O Celta disputaba o que para moitos é o partido do ascenso. A vitoria fronte a Tarragona deixaba aos celestes a un punto de certificar o regreso a Primeira e convertía nun trámite o único compromiso que quedaba, un duelo fronte ao Córdoba no que aos andaluces tamén lles abondaba un punto para o seu obxectivo de meterse no play-off. Con multitude de celtistas acompañando ao equipo no Nou Estadi e moitos outros seguíndoo nun abarrotado auditorio de Castrelos, os goles de Naxto Insa e Iago Aspas servían ao conxunto que entón dirixía Paco Herrera para sumar os tres puntos (2-1 final). 

O conxunto vigués encadeaba a súa sétima vitoria consecutiva e o ascenso virtual. Facíao con  Yoel, Oier, Catalá, Túñez, Bellvís, Oubiña, Natxo Insa, Toni, Álex López, Orellana e Aspas formando o once titular. Tamén Mario Bermejo, Joan Tomás e De Lucas dispuxeron dalgúns minutos.

oscar vazquez