Tal día como hoxe falecía Hermidita

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O mítico xogador do Celta  morreu o 17 de setembro do 2005

17 sep 2020 . Actualizado ás 10:54 h.

2005: Só uns días despois de recibir a homenaxe de Celta e Gondomar -os dous clubs que marcaron a súa vida-, e tal día como hoxe, falecía Manuel Hermida Losada, coñecido futbolísticamente como Hermidita.

Hermidita, máximo goleador do Celta en Primeira con 104 tantos -segundo datos de Alberto Fernández, CeltaHistoria- é ademais o que ten o maior rexistro de tantos nun único encontro cos celestes na máxima categoría -cinco ao Atlético Tetuán no 7-0 do 13 de xaneiro de 1952-. A maiores, o gondomareño figura entre os quince xogadores que máis partidos disputaron co Celta na máxima categoría, un total de 160 nos seus once campañas como futbolista do equipo vigués.

Por todos estes rexistros está considerado como un dos grandes nomes propios da historia do conxunto vigués.