O Celta, en cadro para recibir ao Sevilla

La Voz

BANCADA DE RÍO

Carlos Barba | Efe

Berizzo conta con polo menos cinco sancionados de cara ao partido de Balaídos

05 may 2015 . Actualizado á 11:55 h.

O partido de Almería ten máis consecuencias que o marcador para o Celta. De cara ao próximo e decisivo choque contra o Sevilla en Balaídos (domingo 10, 21 horas), Eduardo Berizzo non poderá contar con polo menos 5 futbolistas por sanción.

Cabral foi expulsado no minuto 53 do partido ante o Almería por unha falta moi cuestionada sobre Thievy. A vermello directa veu acompañada dunha amarela para Larrivey por protestar, e o arxentino cumpría ciclo de amoestacións. 

Ademais, Hugo Mallo vía unha cartón minutos antes por unha acción de xogo perigoso no centro do campo. A estes tres amoestados durante o Almería-Celta súmanselles as baixas por sanción de Nolito e Álex López, que cumpriron ciclo de amoestacións no partido contra o Málaga a semana pasada, pero que serán baixa ante o Sevilla porque Competición non se reuniu o pasado venres ao ser festivo. Jonny foi o único futbolista dos que estaba apercibido que non foi amoestado, polo que si poderá ser da partida ante os hispalenses.