Elixen a Sandra Bullock a máis guapa do mundo e ela rise

Dpa / La Voz REDACCIÓN

XENTE

LUCAS JACKSON | Reuters

«É ridículo», asegura a actriz, de 50 anos, escollida a máis bela pola revista «People»

22 abr 2015 . Actualizado á 17:12 h.

Aos seus 50 anos, a actriz estadounidense Sandra Bullock é a muller máis guapa do mundo segundo a revista People. No entanto, a gañadora dun Óscar por Un soño imposible tómallo con humor e afirma que se botou a rir cando lle comunicaron a noticia. «Simplemente dixen: 'É ridículo'», contou á publicación, que lanzou un adianto da súa edición de maio.

Segundo Sandra Bullock, que ten un fillo adoptado de cinco anos, as persoas que lle parecen máis guapas «son aquelas que non intentan selo». Bullock arrebata así o posto á kenyana Lupita Nyong, que o ano pasado foi elixida por «People» como a muller máis bela do mundo. Con 50 anos, Sandra Bullokc é a persoa de maior idade en ser escollida na tradicional lista de beleza da revista.

Gwyneth Paltrow foi a escollida no 2013, Beyonce no 2012 e Jennifer Lopez no 2011. Antes, no 2010, Julia Roberts anotábase a súa cuarta designación tras as logradas en 1991, 2000 e o 2005.