A Xunta volve reclamar ao Gobierno que aborde o financiamento do sistema de dependencia
GALICIA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, aprema ao Executivo central a revisar as achegas nesta materia, que diminuíron
11 may 2025 . Actualizado á 15:57 h.A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, volveu a solicitar que o Goberno central aborde canto antes o financiamento estrutural da dependencia e que achega o 50% do financiamento esixido por lei.
A reclamación púxoa sobre a mesa na reunión de traballo que mantivo esta semana coa secretaria de Estado de Dereitos Sociais, Rosa Martínez. No encontro, Fabiola García destacou que «sen abordar o financiamento non é posible un avance real no sistema de atención á dependencia».
Nun comunicado publicado este domingo, a Xunta explica que as achegas ao sistema de atención á dependencia por parte do Gobierno reducíronse ao pasar do 40% no 2023 ao 34,9% no 2024. Debido a este recorte, a conselleira de Política Social cifrou en 2.500 millóns de euros a débeda acumulada con Galicia nesta materia.
A conselleira tamén solicitou «o incremento dos importes mínimos e o aumento da achega do nivel acordado para continuar impulsando melloras no sistema de dependencia».E defendeu que o envellecemento da poboación e a dispersión teñan un maior peso nos criterios xerais de financiamento.
Neste sentido, Fabiola García demandou ao Executivo central «que teña en conta as comunidades e os concellos, aos que na modificación da Lei de Dependencia incrementa as cargas pero sen achegar financiamento». E pediu ao Gobierno que non cometa coa lei ELA «o mesmo erro que coa dependencia». «Non se poden recoñecer dereitos se isto non vai acompañado de fondos», sentenciou.