Os sindicatos da mesa do Sergas lamentan non ter sido contactados polo novo conselleiro de Sanidade

Redacción LA VOZ

GALICIA

MIGUEL VILLAR

CSIF, CIG Saúde, CC.OO. e UGT agardan que se trate dun «lapso» e lembran a Antonio Gómez Caamaño que o principal valor da sanidade pública galega son os seus profesionais

03 may 2024 . Actualizado ás 15:42 h.

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do Sergas lamentan que, a día de hoxe, aínda non teña habido ningún contacto da Consellería de Sanidade cos representantes dos traballadores. As críticas chegan despois de non ter sido mencionados no acto de presentación de Antonio Gómez Caamaño, o novo titular de . . Sanidade

«Os únicos que fomos esquecidos fomos o persoal da sanidade pública e a día de hoxe aínda non fomos convocados malia a súa suposta vontade de diálogo», criticou o presidente de CSIF Sanidade, Carlos Castro. Este lembroulle ao conselleiro que o principal valor da sanidade pública galega son os seus profesionais.

CSIF, CIG Saúde, CC.OO. e UGT agardan que se trate de un «lapso» e que os responsables da Xunta lembren que «existe un foro lexitimamente constituído e uns representantes dos traballadores legalmente elixidos para tratar e negociar as condicións laborais do persoal». Máis aló dos contactos que poidan ter con calquera outra organización ou asociación, lembran.