O Parlamento rexeita a devolución dos Presupostos, que BNG e PSdeG tachan de electoralistas

Manuel Varela Fariña
M.Varela SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

Sandra Alonso

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, reclama a reunión inmediata do Consello de Política Fiscal e Financeira para debater a reestruturación de débeda ás comunidades

20 nov 2023 . Actualizado á 14:43 h.

Para o portavoz socialista, Luis Álvarez, «pan e circo para comprar votos». Segundo a líder do BNG, Ana Pontón, uns presupostos «trufados de electoralismo». As emendas á totalidade das contas autonómicas de ambos os grupos, con todo, foron rexeitadas esta mañá pola maioría absoluta do PP no Parlamento. Os Orzamentos seguirán así a súa tramitación, cos  días 19 e 20 de decembro marcados en vermello no calendario para a celebración do pleno definitivo para a súa votación, aprobación e posterior entrada en vigor o 1 de xaneiro do 2024.

Falou primeiro o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, que volveu desagregar as claves do proxecto orzamentario e a definir ao mesmo de «histórico». A novidade na súa intervención estivo na reclamación ao Gobierno de convocar de forma inmediata o Consello de Política Fiscal e Financeira, bloqueado desde hai ano e medio ante a sucesión de eleccións. O titular de Facenda defendeu que a comunidade presenta unhas contas saneadas e unhas finanzas «sólidas e solventes», polo  que rexeitou a condonación da débeda que se negociou de forma bilateral para Cataluña, e que sería análoga para Galicia, segundo o pacto entre PSOE e BNG, e que o presidente Pedro Sánchez estendeu a todas as autonomías.

«O endebedamento estivo controlado en todo momento», advertiu, fronte a outras comunidades como Cataluña que o aumentaron «sen control». Corgos, en liña co que xa expresaron tanto el como o presidente Alfonso Rueda en anteriores ocasións, negaron «un traxe a medida para cada un», argumentando así a reunión do CPFF para adecuar as medidas para tomar entre todas as comunidades.

Pontón ve ao PP «desesperado por mantenerse no poder»

O portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu a emenda da súa formación ante uns presupostos que, considerou, evidencian a «desesperación» dos populares por «manterse no poder». «Levan dous meses repartindo cheques como se puidesen comprar o voto deste país», reprochou a líder nacionalista, quen rexeitou as contas por estar «trufadas de electoralismo».

Pontón tamén cualificou os presupostos como os últimos do presidente Alfonso Rueda «antes do cambio galego» liderará o BNG, avanzou. «A xente o que quere non é que Rueda gaste cheques para mercar unhas deportivas ou facer un cruceiro polo Mediterráneo», expuxo tras o último anuncio do titular da Xunta, senón que os galegos ansian, engadiu, é «chegar a fin de mes» e contar cunha «sanidade pública, educación pública e un salario de calidade e estable». Así, o portavoz nacional do Bloque considerou que o proxecto que tramita a Cámara non serve para «axudar a quen máis o precisa nunha crise de prezos».

«Estes orzamentos cóntannos que estamos ante un Goberno do PP que non practica unha fiscalidade xusta, senón que perdoa impostos aos ricos», seguiu Pontón, antes de censurar o «espolio aos recursos naturais» de Galicia e a ausencia que observa en política de vivenda e de I+D+i.  

Luis Álvarez denuncia «regalías electorais» nas contas

Desde o PSdeG, o portavoz Luis Álvarez pediu a devolución dos Orzamentos por «fracasar no fortalecemento dos servizos públicos» e «renunciar a empregar os fondos estatais para liderar o cambio produtivo e a aposta polo emprego de calidade». O deputado tamén tachou de electoralistas estas contas, nas que observa unha «versión moderna de pan e circo» destinada a gañar votos nas próximas eleccións autonómicas, xa que as considera só unha «colección de estímulos ao votante» e cheo de «regalías electorais». 

Criticou así un conxunto de «medidas sen precedentes, incoherentes coas necesidades da xente, ocorrencias de gabinete e que producen pasmo». Citou así os bonos para material deportivo, para turismo no Camiño de Santiago ou os descontos en para cruceiros polo Mediterráneo, que ve «fóra de lugar» ante o «porcentaxe insoportable» de poboación en risco de pobreza ou exclusión social.

O portavoz parlamentario do PP, Alberto Pazos Couñago, interveu como grupo non enmendante, mostrándose «orgulloso» por unhas contas «tramitadas en tempo e forma» e avaladas pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF). Valorou que o proxecto orzamentario está orientado a «manter a Galicia como illa de estabilidade en medio da inestabilidade que asola a España».