A Xunta aprobará o luns unha baixada de impostos «prudente»

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

GALICIA

Sandra Alonso

O Consello debe dar o visto e prace ao anteproxecto de orzamentos para que entren no Parlamento antes do mércores

14 oct 2021 . Actualizado ás 18:16 h.

O Goberno galego celebrará este luns unha reunión do Consello da Xunta para aprobar o anteproxecto dos orzamentos autonómicos, paso previo ao seu traslado ao Parlamento de Galicia antes do mércores 20 de outubro, o que permite iniciar a súa tramitación antes de que acabe o ano e para que entren en vigor o 1 de xaneiro do 2022. O repentino falecemento de o  Valeriano Martínez e a celebración do debate de política xeral apertou o calendario, pero queda a marxe suficiente para presentar a rebaixa de impostos na que traballaba o conselleiro de Facenda. 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, adiantou este xoves que, dando cumprimento ao programa electoral do PPdeG, as contas do 2022 incluirán unha rebaixa fiscal «prudente» en tributos como o IRPF, nos Actos Xurídicos Documentados, Transmisións ou o imposto de Patrimonio. Neses axustes traballa o equipo de Facenda, que tamén está pendente da substitución á fronte do departamento, que podería producirse nos próximos días, ben para que o novo titular participe xa no Consello da Xunta do luns ou no acto protocolario no que o Goberno entrega o documento coas cifras ao presidente do Parlamento, que será o mércores.