Proxecto Naomh Gobnait: revivindo un bote irlandés no que se peregrinou

Mónica Pérez Vilar
M. P. V. DATA / AXENCIA

GALICIA

La embarcación se reconstruyó en el Museo do Mar a la vista de los visitantes
A embarcación reconstruíuse no Museo do Mar á vista dos visitantes Buxa

A reconstrución en vivo da embarcación e actividades de difusión do Camiño xacobeo por mar foron financiadas polo programa O Teu Xacobeo

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Con fondos de e O Teu Xacobeo o impulso de ) Buxa (Asociación Galega de Patrimonio Industrialdesenvolveuse entre abril e setembro un proxecto que permitiu reconstruír o Naomh Gobnait, un currach irlandés convertido en símbolo do Camiño xacobeo por mar. Nesta embarcación, e a remo, cinco irlandeses viaxaron de Dublín a Galicia, nunha peregrinación realizada nos veráns de 2014, 2015 e 2016, ano en que por fin entraron no Obradoiro levando consigo o seu bote.

Ao ano seguinte, nunha nova ruta pola costa galega, o grupo sufriu un accidente na desembocadura do Miño. Un dos remeiros, o poeta Danny Sheehy de 61 anos, faleceu, e a embarcación quedou seriamente danada e depositada no Museo do Mar de Vigo.

«Andabamos a buscar unha actividade para apoiar e promocionar a carpintería tradicional de ribeira e xurdiu a idea de arranxar o bote», explica Manuel Lara, presidente de Logrado Buxa. o si dos propietarios e coa colaboración da asociación Meitheal Mara puxéronse ao choio.

Artesáns irlandeses reconstruíron a embarcación nunha sala do propio museo, á vista dos visitantes. Ademais estreouse en España un premiado documental sobre a peregrinación realizada polo grupo e montouse unha exposición itinerante por municipios vinculados a varias rutas xacobeas. «O proxecto promocionou o Xacobeo, a carpintería de ribeira e as relacións Galicia-Irlanda», resalta Lara.