A Xunta acorda unha subida anual de 810 euros para 21.500 funcionarios

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

Feijoo y el conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, en el Parlamento en una foto de archivo
Feijoo e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Parlamento nunha foto de arquivo PACO RODRÍGUEZ

Feijoo sostén que «veñen bos anos» para ser empregado público en Galicia

11 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta pechou a rolda de subidas salariais que se abriu hai un ano no ámbito da función pública, cando os traballadores de Xustiza paralizaron os xulgados para demandar incrementos salariais. Estes conseguiron parcialmente os seus obxectivos, e a partir desa dura negociación, para evitar que crecese a conflitividade, aceleráronse os contactos entre as consellerías e os representantes dos empregados vinculados á sanidade e á educación, que acadaron avances notables nas súas nóminas que xa se están aplicando desde o 1 de xaneiro de forma progresiva. Faltaba, pois, unha chiscadela aos funcionarios da Administración Xeral, os 21.500 traballadores que desenvolven o seu labor nas distintas consellerías e noutras estruturas autonómicas. E ese acordo chegou.

A Consellería de Facenda asinou un preacordo con UGT e CC. OO. para plasmar melloras que redundarán nas remuneracións, na estabilidade e no desenvolvemento dunha carreira profesional. O convenio que deseñou o departamento dirixido por Valeriano Martínez regula os complementos económicos daqueles que voluntariamente queiran sumarse a unha carreira profesional que contará con catro graos e dous niveis de avance, para as novas incorporacións ou que leven menos de cinco anos, e os máis veteranos. Suporán un incremento retributivo anual en función da categoría que vai desde os 760 ata os 2.460 euros.

O acordo, que deberá ser ratificado nos próximos días, establece unhas subidas con efectos retroactivos a 1 de xaneiro que se traducirá nun crecemento medio anual nas nóminas de 810 euros a través de achegas nas que interveñen a favor os acordos xerais do Goberno central cos sindicatos e outros complementos condicionados a indicadores de crecemento económico que, salvo desastre ou imprevisto, cumpriranse, segundo Martínez. O conselleiro cifrou o aumento deste ano nun 6 % de media, mentres que no 2020 será do 3,85 %.

De persoal fixo a funcionarios

O acordo acadado coas organizacións sindicais pon as bases para a funcionarización do persoal laboral fixo, proceso que tamén terá carácter voluntario e que se impulsará a través da promoción interna. Os empregados que se sumen a este modelo terán máis oportunidades de mobilidade e crecemento interno, e a Xunta tamén se compromete a trasladar ao ámbito da Administración Xeral unha estabilidade laboral que rolde o 7 %.