Entra en prisión o detido en Monforte por abusar dunha nena

La Voz MONFORTE / LA VOZ

GALICIA

ALBERTO LÓPEZ

O detido, de 29 anos, é natural dunha localidade pontevedresa e ten parella e un fillo

20 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O veciño de Monforte detido o venres por unha agresión sexual, da que foi vítima unha sobriña súa de once anos, ingresou onte no cárcere de Bonxe. Sobre as doce do mediodía prestou declaración no xulgado monfortino, que ditou a súa entrada en prisión. O detido, de 29 anos, é natural dunha localidade pontevedresa e ten parella e un fillo. A agresión sexual produciuse presuntamente nunha nave industrial.