O ADIF proxecta eliminar 2 pasos a nivel en Ourense

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

A actuación englóbase nunha actuación que afecta a 36 entre a cidade das Burgas e Lugo

21 sep 2017 . Actualizado ás 17:38 h.

O ADIF sacou a licitación a redacción dos proxectos de supresión de 36 pasos a nivel no tramo de rede convencional Ourense-Monforte de Lemos-Lugo. O orzamento de licitación conxunto é de algo máis de 2,73 millóns de euros, nunha pinza que vai desde os case 175.000 euros do de menor contía aos 275.000 do maior. Os proxectos divídense en nove lotes, atendendo a criterios de proximidade e complexidade na solución. Os termos municipais nos que se sitúan son Ourense (dous), Sober (un), Monforte de Lemos (cinco), Sarria (14) e Lugo (14).