Un «meteorólogo» de 100 anos

ramón vilar ORDES / LA VOZ

GALICIA

Álvaro Ballesteros

O ordense Juan Mosquera Candal é o máis veterano dos tres mil colaboradores que ten a Axencia Estatal de Meteoroloxía

07 abr 2014 . Actualizado á 11:31 h.

Moito antes de que aparecesen os primeiros homes do tempo na tele, antes incluso de que os soviéticos puxesen en órbita o Sputnik, o ordense Juan Mosquera Candal xa estaba aí. A dous meses de cumprir 101 anos, é o máis veterano dos tres mil voluntarios que ten a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Á mesma hora que moitos funcionarios da sede central consultan os datos que os satélites envían en tempo real, o señor Juan abre a porta da súa casa de Montaos e bótalle unha primeira mirada ao ceo. Son as oito da mañá cando revisa o pluviómetro e os catavientos que ten na leira. E así, rir da Medalla ao Mérito no Traballo, leva 24.000 días.

«Eu empecei nisto en 1948. Pediumo un mestre que estaba destinado aquí cerca», cuenta mientras nos recibe en un gabinete tan entrañable como heterodoxo. En el despacho conviven libros de historia, manuales de botánica y carpetas repletas de apuntes meteorológicos; también fotos de familia, con otras de Juanito Valderrama, Félix Rodríguez de la Fuente y el histórico hombre del tiempo de TVE José Antonio Maldonado: «Con este, quieto parado. Son palabras maiores. É moi bo».

Hai tamén un computador co que non acaba de entenderse, pois el é máis ben de bolígrafo e, cando a ocasión o require, de máquina de escribir. Acaba de usala para contestar unha carta que recibiu hai poucos días da Aemet. Ofrécenlle unha conta de Twitter para que envíe os datos que recolle no seu observatorio: «A esta xente esqueceulle que vou polos 101 anos, xa lles dixen que quero seguir colaborando, pero sen complicacións». O seu método consiste en mandarlles cada mes, por correo postal, un boletín no que detalla pluviosidade, dirección do vento e xeadas. Pero o seu traballo de campo vai moito máis alá. Mosquera está entregado tamén á fenología, ciencia que estuda a relación entre o clima e os ciclos dos seres vivos. Nuns cadernos que pon ao dispor do ministerio, anota o primeiro canto do cuco, a chegada das andoriñas ou a data de floración de árbores e plantas.

A bordo do seu Peugeot 206, o señor Juan fai incursións polas parroquias veciñas para preguntarlles aos paisanos se viron esta ou aquela especie. «Por agora aínda me deixan andar co coche. Fiar non se fían de todo, que me fan revisións todos os anos», comenta divertido.

O seu traballo desinteresado, especialmente o fenológico, proporciona datos históricos valiosísimos para investigacións sobre o clima e os seres vivos. Á súa casa de Montaos chegan cartas de agradecemento que conserva con orgullo e o seu nome aparece citado incluso en teses universitarias. Pero el, que só puido acceder a estudos primarios, quita importancia ao seu labor encomiable e asegura que é «un simple namorado da natureza».

En cuestións meteorolóxicas a súa palabra pesa tanto como a dun notario. Por iso non é de estrañar que fose citado no xulgado: «Unha vez chamoume un avogado para que fose testificar a Ordes. Era por un accidente de circulación e querían que certificase cos meus datos a choiva dese día». Está acostumado a que lle pidan predicións, pero non é amigo de especular: «Aínda os que se dedican a iso engánanse moitas veces». El mesmo comenta divertido como llo botou en cara a Santiago Pemán: «Unha vez escribinlle unha carta para pedirlle un mapa e nunca me contestou. Collín eu, cabreado, e volvinlle escribir: ??Que saiba vostede que tal día dixo que ía chover, e nada; e tal outro, que ía quentar o sol, e veu auga a mazo??».