O Negreira enfrontarase ao Téxtil Escudo cántabro na rolda previa da Copa do Rey

La Voz REDACCIÓN

FUTBOL GALLEGO

Sandra Alonso

O conxunto coruñés deberá superar esta eliminatoria para enfrontarse a un equipo de Primeira División

16 sep 2025 . Actualizado á 16:37 h.

O equipo coruñés terá un cita coa historia ante SD Téxtil Escudo para pasar de rolda na Copa do Rey e entrar no grupo dos equipos que se enfrontarán na primeira eliminatoria a un conxunto de Primeira División. 

A rolda previa xoga en formato ida e volta, o primeiro partido será o 27 de setembro, mentres que a volta, que o Negreira disputará na casa, será o 4 de outubro.

O Negreira terá que desprazarse ata Cabezón de la Sal, Cantabria, para enfrontarse ao SD Téxtil Escudo, un conxunto que compite na Rexional Preferente cántabra, categoría equivalente á Preferente galega, e que chegou a esta fase previa tras alzarse coa Copa Vicente Pérez Soberón vencendo ao SD Gama por 0-1 na final. 

Os do García Calvo conseguiron clasificarse a esta fase previa ao resultar vencedores da Supercopa de Galicia tras gañar por 1-0 no global ao Cultural Areas, na final dunha competición que xogou a ida e volta e rematou decidíndose no campo do Negreira.