
O equipo vigués gana pero descende a Preferente un ano despois
12 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Valladares chegaba á última xornada de liga en Terceira Federación con vida, pero non dependía de si mesmo para lograr a permanencia e, finalmente, hacer a súa parte non foi suficiente para o equipo vigués. Un ano despois de lograr o segundo ascenso da súa historia a esta categoría —cando transcorreran 36 anos do anterior—, percorren o camiño inverso.
Os vigueses adiantáronse no marcador aos 24 minutos cun tanto de Héber Fernández e Álex Coira ampliou a vantaxe ao comezo da segunda metade ante un Silva que non xogaba nada, pero que no 81 recortou distancias con gol de Joao; dous minutos máis tarde, no entanto, Coira lograba o dobrete e puña o 3-1 no marcador, garantindo os tres puntos para o conxunto de José Carlos Italiani, Ita.
Pero os branquiazuis necesitaban estar pendentes doutros campos e os resultados dos rivais directos non acompañaron en ningún momento. Porque o Arteixo, que partía cun punto máis, xa gañaba 2-0 aos cinco minutos cun dobrete de Adrián Otero e, aínda que Álex Millán puxo á Sarriá a un gol, enseguida chegou o 3-1 e a vitoria, que acabou sendo por 4-2 nunca pareceu estar en risco.
Tampouco fallou o Barbadás, que ao imporse ao Somozas con tanto de Pablo Álvarez rematou a liga cos mesmos 37 puntos que o Valladares, pero coa gol average gañada. Ademais, os ourensáns non teñen tampouco a permanencia garantida, pois neste momento caen por arrastres e dependen dun ascenso galego a Segunda Federación para asegurarse a continuidade.
O Valladares, como confesaba o seu técnico ao comezo da tempada, sabía que estaba en todas as quinielas para descender, pero se resistía a ter billete de ida e volta en Terceira Aínda que finalmente foi así, hano peleado ata o último minuto e remataron pagando a súa serie de oito partidos sen gañar, con dous puntos deses 24, entre os meses de novembro e xaneiro.
Ficha técnica
Valladares - 3: Toni Comesaña, Pablo García (David Costas, min 24), Tomás Vila (Yago Pérez, min 81), Diego Souto, Miguel Vilar (Mario Rial, min 69), Pedro Pérez, Diego Fernández (Abel Guisande, min 69), Miguel Freiría, Álex Rodríguez (Alberto Villar, min 81), Héber Fernández, Álex Coira.
Silva -1: David Martínez, David Lema, Garda (Joel, min 78), Rodrigo Alonso (Parafita, min 46), Pablo Carro (Samuel, min 46), Joao, Adrián Ogando (Raúl Melo, min 46), Antonio López, Carlos Rodríguez (David, min 67), Marcos Rodríguez, Uriel Area.
GOLES: 1-0, min 24: Héber Fernández; 2-0, min 48: Coira; 2-1, min 81: Joao; 3-1, min 83: Álex Coira.