Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

A Primeira Galicia tamén se divide en subgrupos, cun ascenso e un descenso

La Voz OURENSE / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

El Covadonga y el Allariz, en imagen de archivo de un partido del 2018, empezarán en el subgrupo B
O Covadonga e o Allariz, en imaxe de arquivo dun partido do 2018, empezarán no subgrupo B Santi M. Amil

A liga comezará na fase de grupos o 17 de outubro

22 ago 2021 . Actualizado á 16:50 h.

A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o plan competicional para a Primeira Galicia. Como ocorre coa Preferente, os cinco grupos galegos divídense en dous subgrupos cada un. Na zona de Ourense, o grupo cuarto contará con dous subgrupos, de nove equipos cada un. A primeira fase da liga, para os subgrupos A e B, comezará o 17 de outubro e rematará o 18 de marzo. A continuación, xogarán as segundas fases, de ascenso ou de permanencia, do 20 de marzo do 2022 ao 29 de maio.

No subgrupo para quedan situados A Peroxa, SD Melias, Atl.Vilariño, Loñoá CF, Sp. Carballiño, Maside FC, Francelos FC, Leiro CF e Cortegada CF.

No subgrupo B xogarán a primeira fase o CDC Santa Teresita, AD Covadonga, VDE Barbadás B, Sp. Celanova, ACD Cartelle, CD Allariz, CD Raio Allaricense, Antela FC e Monterrey FC.

A primeira fase será unha liga de todos contra todos a dobre volta en 18 xornadas. Os catro primeiros pasan ao grupo de ascenso e o resto, ao de permanencia. Na segunda base, os equipos arrincarán cunha puntuación inicial de cinco a puntos segundo o seu posto na primeira fase.

Na de ascenso, será unha liga a dobre volta, de oito xornadas, pero só contra os equipos do outro grupo. O primeiro ascende directamente. A de permanencia durará dez xornadas. Só descende un. o último clasificado.