O Covirán Selecta: desequilibrio entre a capacidade do perímetro e a do xogo interior

Chiqui Barros

FORZA BREO

LAURA LEIRAS

16 may 2025 . Actualizado á 16:06 h.

or moito que, polas causas que sexan, esteas acostumado desenvolverte nas situacións límites, saíndo delas con éxito, hai un momento, aínda que só sexa polas probabilidades, no que te ves incapaz de conseguilo. Algo disto é o que lle ocorre ao próximo adversario del Río Breogán na liga Endesa.

Habituados os nazaríes a moverse como peixe na auga na loita pola permanencia, parece que esta tempada non o van lograr, salvo milagre en forma de resultados nestas tres últimas xornadas. Un milagre que pasaría por unha concatenación de perdas de Xirona, Andorra e Bilbao, acompañada dun pleno de triunfos ante o Breo, o Real Madrid e o conxunto andorrano. Por iso, o partido deste sábado é decisivo para o conxunto de Pablo Pin, un grupo moi cambiado durante a competición, o que indica claramente a procura de solucións a un rendemento competitivo moi por baixo do agardado. Coa intención de xogar un ataque o máis dinámica posible, chegando pronto para aproveitar os primeiros segundos e tratando de facer o campo moi grande, algo sempre necesario e imprescindible para eles polo seu persoal. Con moitas variantes defensivas que xeran problemas, máis pola confusión que provocan que pola súa solidez ou a súa boa estrutura táctica.

O Granada conta cun róster no que, coa excepción do seu xogador máis transcendente, Amine Noua, o desequilibrio entre o perímetro e o xogo interior é grande a favor da liña exterior, na que están os puntos, o control e a capacidade de xerar xuntando bases e escoltas no campo para lograr o seu mellor rendemento grupal: Sergi García, Jonathan Rousselle, Agustín Ubal, Sam Griffin, Elias Valtonen...

O dito, unha final para eles nun ambiente, seguro, de enorme apoio porque ese pavillón é dos que empurran de verdade. Outro día máis para que o Breo acabe de asinar unha tempada máis que boa.