La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Todas as zonas de baño salvo dous logran «excelente» na súa calidade de augas

Antía Urgorri Serantes
ANTÍA URGORRI FERROL / LA VOZ

PONTEDEUME

CESAR TOIMIL

A praia de Sopazos, en Pontedeume, obtén o nivel de insuficiente; e Almieiras, en Fene, boa

22 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Todas as praias da comarca, salvo unha de Pontedeume, superaron o exame de calidade de augas que a Xunta realizou no 2024. Segundo os resultados deste informe, presentado o luns ao Consello da Xunta, a Consellería de Sanidade analizou case medio centenar de zonas de baño da comarca.

As conclusións revelan que a praia de Sopazos, no municipio de Pontedeume, guindou unha calidade da auga insuficiente. É a única das tres eumesas analizadas que obtén este nivel, xa que as outras dúas (Insua e Perbes-Andaío-Pontedeume) si conseguen a clasificación de excelente. No municipio de Fene, hai outro areal que non acada o nivel de excelente, pero si o de bo. Trátase da praia de Almieiras.

No resto das praias analizadas pola Consellería de Sanidade no 2024 conclúese que todas elas superan con fartura os parámetros de calidade. Neste exercicio incorporáronse catro zonas de baño de Galicia con respecto ao ano anterior: unha delas é a praia de Cabana, en Ferrol, que tamén obtivo a cualificación de excelente aínda que se matiza que «o número de datos cos que se calculou a clasificación sanitaria é inferior a 16 mostras».

Ademas, o informe indica que nas mostras se analiza a proliferación de cianobacterias no regato que desemboca na praia de Vilarrube, en Valdoviño. «Leváronse a cabo diferentes actuacións co fin de protexer a saúde as persoas usuarias, como intensificar a vixilancia a as mostraxes nas augas de baño afectadas, informar ás autoridades locais e a poboación dos riscos asociados , chegándose a recomendar absterse do baño e de realizar actividades acuáticas», reza o informe.

No documento tamén se inclúen zonas de baño que non son praias, como a do lago dAs Pontes, que tamén recibe o nivel de excelente; e o encoro dá Ribeira, no mesmo municipio pontés,

O 1 de xuño iniciarase a campaña de control deste ano, que se prolongará ata o 30 de setembro e custará 180.147 euros