O Concello de Ortigueira debe 1,7 millóns de euros á Deputación

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

JOSE PARDO

O goberno local aclara que corresponde a préstamos solicitados polo anterior executivo á Administración provincial

17 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A débeda contraída polo Concello de Ortigueira coa Deputación entre 2015 e 2019 ascende a 1.750.819 euros, segundo notificou a Administración provincial. Corresponde á suma de préstamos solicitados a través do Plan Aforro e Investimento de e do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos de Competencia Municipal.

O rexedor, o popular Valentín Calvín, constata que «ditas liñas de financiamento solicitáronse polos anteriores equipos de goberno, para reducir débedas con entidades financeiras e contar con diñeiro para desenvolver obras». Fala de «un novo contratempo, que se suma ás dificultades económicas herdadas» no Concello.

Pero afirma que o executivo local xa traballa «para que a devolución non trastorne» o seu plan e que poida «seguir prestando os mellores servizos aos veciños».