A amazona Marta Lamigueiro foi a encargada inaugurar as festas deste ano

M. Aneiros, A.U. LA VOZ

ORTIGUEIRA

CESAR TOIMIL

As festexos comezaron o venres e prolongaranse ata o martes

29 jul 2018 . Actualizado á 05:00 h.

As festas de Santa Marta comezaron o venres co pregón, que este ano correu a cargo da amazona Marta Lamigueiro, premiada na Gala do Deporte Local deste ano. Tras o discurso inaugural que tivo lugar no Cantón, os festexos trasladáronse á zona da Penela onde a orquestra Venecia fíxose cargo da verbena desa noite. Onte un pasacalles formado por cinco agrupacións musicais percorreu a vila a partir das 12.00 horas. Este ano participaron a Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla, a Banda de Música de Arzúa, a Banda de Música de Ortigueira, a Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo e a Escola de Gaitas de Ortigueira, todas elas formacións moi vinculadas ao municipio pola súa participación no Festival Celta celebrado hai só uns días na localidade. A xornada prevía rematar coa verbena ofrecida pola orquestra Meigos no parque da Alameda.