Neda celebra esta semana o Día de orgullo neofalante

La Voz NEDA

NEDA

ANGEL MANSO

Impulsa esta semana varias actividades especiais destinadas por unha parte á mocidade e por outra aos máis pequenos da casa

30 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Con motivo do Día do orgullo neofalante (1 de outubro), unha celebración destinada a gañar novos falantes e espazos para a lingua galega, o Concello de Neda impulsa esta semana varias actividades especiais destinadas por unha parte á mocidade e por outra aos máis pequenos da casa.

A primeira cita desta programación, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, chegará o martes 30 de setembro ao IES Fernando Esquío. O centro educativo será o escenario do faladoiro e concerto didáctico «35 anos de música en galego. A culpa foi da lingua», a cargo de Xosé Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero de Zënzar, banda de rock en galego que máis anos leva nos escenarios de maneira ininterrompida.

A proposta pretende descubrir ao alumnado de secundaria a importancia da lingua como elemento imprescindible na cultura. E o sábado, a partir das 12.00 horas, será a quenda dos máis pequenos da casa, co contacontos Seguimos medrando en galego.