
Celébrase do 17 ao 20 de xullo, organizada polo Concello de Narón
12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Do 17 ao 20 deste mes, o parque do río Freixeiro acollerá o Mercado Medieval de Narón que contará cun centenar de postos de produtos artesáns e gastronómicos. Abrirá o xoves ás 18.00 horas, con exposicións de oficios, obradoiros e música.
Haberá unha escola de cabaleiros, danza dos veos, pasacalles musicais ou atraccións infantís. A maiores, os visitantes tamén contarán cun artesán da madeira realizando tallas en directo, un espazo para a práctica de tiro con arco para pequenos e maiores, probas de habilidade, unha área de práctica de combates, un obradoiro de moedas e un campamento medieval.
A organización corre a cargo do Concello de Narón.