
Participarán 150 cans desta raza, chegados de toda España
03 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.A terceira edición da Canichada de Galicia celebrarase o 14 de xuño no recinto feiral de Ou Trece, en Sedes (Narón). Organizan Concello e Asociación de Caniches de Galicia, nunha cita á que asistirán 150 cans desa raza procedentes desta comunidade autónoma, Castela e León, Madrid e País Vasco.
Ese día iniciarase ás 11.45 cunha charla de alimentación canina a cargo da nutricionista e adiestradora Marta Murillo, despois haberá outra de barbería con Andrés Martínez.
A partir das 13.00 horas haberá varios xogos, e Irene Serra falará ás 16.30 sobre educación canina. Finalmente ás 17.30 celebrarase un concurso con varios sorteos de premios. A entrada é gratuíta.