A auga da traída de Moeche e As Somozas volve ser apta para o consumo

La Voz FERROL

MOECHE

ANGEL MANSO

As análises da rede municipal ofrecen valores dentro da normalidade tras un episodio de turbidez que restrinxiu o seu uso durante 24 horas

04 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de Moeche e As Somozas recuperaron onte a posibilidade de consumir a auga da traída. A véspera activouse a prohibición de utilizar a subministración da rede ante os elevados niveis de turbidez detectados nas analíticas, provocados polas fortes choivas dos últimos días. Pero o Concello modestino anunciaba onte a media mañá que os controis realizados xa guindaban valores correctos, o que permitía retomar os usos habituais da auga da rede municipal.

O veciño municipio das Somozas, onde Moeche realiza a captación para a súa subministración potable, tamén lles comunicou a normalidade dos seus valores. Só en Moeche a restrición do consumo da auga, que se mantivo activa durante unhas 24 horas, afectou a uns 245 veciños.