Moeche prohibe o consumo da auga da traída para beber e cociñar

La Voz FERROL

MOECHE

ANGEL MANSO

O Concello alertou dos altos niveis de turbidez e manterá a restrición ata novo aviso

02 mares 2024 . Actualizado ás 14:51 h.

A auga da traída en Moeche non é apta para o consumo. O Concello alertou aos seus veciños de que a subministración da rede municipal de abastecemento potable non debe utilizarse para cociñar nin para beber.

Detalla que nos controis diarios que se realizan na captación no municipio das Somozas e nos do Concello modestino detectáronse este sábado niveles altos de turbidez por mor das condicións meteorolóxicas. E advirte de que a prohibición se manterá ata novo aviso. «Tan axiña como os niveis volvan a valores normais, comunicarase», trasladou o Concello nas súas redes sociais.