
Denuncia falta de transparencia por parte do goberno local
26 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Os socialistas de Cerdido critican ao goberno local por non presentar aínda os presupostos de 2025, a pesar de contar con maioría absoluta. O portavoz da oposición, Brais Prieto, lamenta a situación e lembra que «era un tema de crítica recurrente por parte do PP no anterior mandato». O alcalde, Alberto Rey, anuncioulles que sería en abril, pero seguen sen noticias.
«Abonda de excusas por parte dos populares, é tempo de traballo e solucións, xa que a veciñanza de Cerdido merece un goberno local que estea á altura e execute os investimentos que o municipio precisa», remarca Prieto.
Tamén denuncia «falta de transparencia» por parte do executivo municipal: «As actas dos plenos levan sen subirse á web municipal dende xullo do 2024». E aféalle ao alcalde que «non conteste ás solicitudes de documentación, acceso a proxectos de obras ou respostas por escrito, e se o fai, faino tarde».