Cedeira negocia co bispo a compra dunha parcela para uso dos veciños de San Román

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

El obispo, el alcalde y, de pie, el párroco de San Andrés de Teixido, Antonio Rúa
O bispo, o alcalde e, de pé, o párroco de San Andrés de Teixido, Antonio Rúa CEDIDA

O bispo trasladou ao alcalde a idea da Diocese de elaborar un plan de dinamización de San Andrés de Teixido

17 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A compra, por parte do Concello, da parte rústica da parcela da reitoral da parroquia de San Román, é un dos asuntos que trataron o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, na reunión celebrada o venres.

Ambos mostraron vontade de colaboración neste asunto, co fin de «que a veciñanza poida usar ese espazo para actividades deportivas e lúdicas». A proposta «tivo boa acollida por parte do bispo», segundo fontes municipais. Moreda mostrouse interesado na idea da Diocese de elaborar un plan de dinamización de San Andrés de Teixido , «dado que é un lugar de grande interese turístico».

O alcalde tamén lle expuxo ao bispo a posibilidade de que os veciños de Régoa «poidan seguir utilizando o adro da igrexa para actividades, mesmo a través da súa compra polo Concello».