O movemento veciñal solicita 1.432 firmas para pedir que «paren as obras da praia» de Cedeira
CEDEIRA / LA VOZ
CEDEIRA

Denuncian o impacto na biodiversidade
14 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.O movemento veciñal xurdido a raíz do inicio dos traballos da praia da Magdalena, en Cedeira, solicitou 1.432 firmas «para parar a obra», sumando as de Change.org e as de distintos locais. Xa as entregaron no concello. «Salvemos as dunas, conservemos os nosos marouzós» é o lema da campaña.
Reiteran o seu compromiso co medio ambiente e alertan do impacto de «incorporar case 50.000 metros cúbicos de area do porto de Punta Langosteira, a tala de árbores e o achaiamento das dunas, que non respectan a biodiversidade única da zona».
E alertan «das deficiencias na planificación, documentación e argumentación». «As nosas dunas son parte da nosa identidade e a súa destrución representa a perda de parte da nosa historia», repiten.