Mostra sobre Castelao e teatro na axenda cultural de Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

Representación de la compañía Ghazafelhos
Representación da compaña Ghazafelhos I. VALERIO

A exposición inaugúrase este mércores no auditorio, onde actuará o sábado Ghazafelhos

11 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A colección de libros e carteis que se poderá ver no auditorio municipal de Cedeira desde este mércores ata o día 25 de xuño repasa a traxectoria vital e política de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A exposición inaugurarase ás seis, «nun acto de lembranza e homenaxe a este intelectual, artista e referente do galeguismo», subliña o edil de Cultura, José Antonio Rodríguez Arribe.

A axenda cultural complétase coa actuación da compaña naronesa Teatro Ghazafelhos, o sábado (19 horas). Representará Ándalle, Bon appêtit, para o público familiar. Entrada a 2,5 euros.