O colectivo Rampla  outorga en Cedeira os premios Resilientes

LA VOZ CEDEIRA / LA VOZ

CEDEIRA

CÉSAR TOIMIL

Menchu Iglesias , Ramón Casadó, Aida Carro e a Sociedade Galega de Historia Natural son os galardoados deste ano

02 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O colectivo Rampla e o Hotel Herbeira de Cedeira entregarán o domingo os terceiros premios Resilientes. Recoñece o labor social de Menchu Iglesias Rey, «polo compromiso na promoción da formación e da inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional». Ramón Casadó Sampedro levará o galardón cultural, «polo esforzo en crear un proxecto propio nas áreas da pintura e da escritura»; a Sociedade Galega de Historia Natural recibirá a distinción de natureza e mundo rural, «pola defensa, promoción e difusión medioambiental»; e Aida Carro Allegue, a deportiva, «pola paixón, sacrificio e transmisión ás novas xeracións do remo». O acto celebrarase no hotel Herbeira, ás 17.00 horas, co dúo Crescendo. Colabora Molduarte.