Cedeira abrirá unha bolsa de emprego para administrativos

La Voz CEDEIRA / LA VOZ

CEDEIRA

ANGEL MANSO

Está aberto o prazo para presentar as solicitudes para participar no proceso

14 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Cedeira convoca un concurso oposición co obxectivo de crear unha bolsa de emprego para a realización de contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como administrativo, unha proposta coa que se busca fomentar o emprego no municipio.

Poderá presentarse calquera persoa maior de 18 anos que estea en posesión do título de bacharelato, formación profesional ou superior. O prazo para presentar as solicitudes concluirá o xoves da próxima semana. Haberá unha proba de selección na que se valorará formación e experiencia e outra de coñecemento.