Unha cedeirense recada fondos para a protectora ferrolá Cometa cun paseo solidario canino

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

ANGEL MANSO

A ruta celebrarase o sábado, con saída ás 17.30 horas da Alameda

21 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O cuarto paseo solidario canino organizado por Jésica Cáceres, auxiliar da clínica veterinaria cedeirense MAC, desenvolverase o sábado co obxectivo de recadar fondos para a protectora ferrolá Cometa. A camiñada partirá ás 17.30 horas da Alameda e discorrerá polo paseo marítimo ata o chiringuito. Os participantes colaborarán coa compra dunha merenda -unha ración de torta e un refresco-, por 3,5 euros, ademais de ter a opción de adquirir rifas a dous euros para o sorteo de varios artigos doados por comercios da vila. A artífice desta iniciativa agradece a axuda prestada polas tendas e tamén polas panaderías e os negocios de hostalería, que achegaron doces e bebidas para a xornada.

Cáceres contará co apoio de integrantes da asociación Cometa, que recibirán o diñeiro recadado nada máis finalizar os actos programados para o sábado. Con esta marcha solidaria, ademais de solicitar apoio económico para o colectivo, pretende concienciar aos veciños da importancia da protección dos animais.