00031714083409493890461
00031714083409493890461

Máis arte en Dombate: aberta ao público «A touza dous artistas»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CABANAS

É unha exposición colectiva cuxas obras son todas elas de creadores bergantiñáns

26 abr 2024 . Actualizado ás 00:24 h.

Acolle xa desde hai uns días o centro arqueolóxico do domen de Dombate, no municipio de Cabana, unha exposición colectiva. Leva por título A touza dous artistas, e de forma íntegra a autoría das obras, un total de seis artistas, circunscríbese á comarca de Bergantiños..

José Muíño, alcalde, entre outros representantes do goberno local, acompañou o acto de posta de longo da exposición, á que suman talento Mon Lendoiro, Josecho González, Maribel Castiñeira (XMÑ), Milagros Cotelo, Isabel Soutullo, e Cristina Castro. A touza dous artistas poderase visitar neste enclave patrimonial durante máis dun mes, ata o 1 de xuño, en horario de 10.30 a 13.30, polas mañás, e de 16.00 a 19.00, polas tardes.

Fixo o executivo municipal un convite tanto aos veciños como aos visitantes para «gozar dunha mostra única que reúne o talento da comarca, ofrecendo unha experiencia diversa tanto na temática como no estilo das obras». O acceso ao espazo expositivo é libre e gratuíto.