O piñeiral da praia de Cabanas, alagado e pechado por aviso de temporal

A. F. C. CABANAS / LA VOZ

CABANAS

JOSE PARDO

Veciños, BNG e Somos denuncian a situación deste bosque, alagado pola auga do bombeo realizado polas inundacións

08 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O acceso e a circulación polo piñeiral da praia da Madalena, en Cabanas , quedou cortado onte pola tarde debido ao aviso de temporal, con alerta laranxa por vento na costa. Así «ata a vindeira semana», como informaron o Concello. En realidade, hai xa varios días que moverse por algúns puntos deste bosque resulta tarefa imposible, salvo que se utilicen vadeadores ou se opte por algún tipo de embarcación.

JOSE PARDO

O piñeiral está alagado, como denuncian os veciños, o BNG e Somos Cabanas. O portavoz nacionalista, Iago Varela, urxe ao Concello a tomar medidas de seguridade «para previr accidentes» e fala de «neglixencia técnica e política da Xunta de Galicia como responsábel última das obras que se están a executar no Paseo da Madalena, que se suma á incapacidade do goberno local de xestionar unha situación de crise».

Somos subliña que a auga do piñeiral procede do bombeo realizado polas inundacións. Os veciños alertan de que «hai augas residuais» e temen que a situación empeore a fin de semana, pola previsión meteorolóxica.