
Van dirixidas a estudantes desde Infantil a Bacharelato ou Ciclos Formativos, e tamén do Conservatorio de Música
29 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Os estudantes ponteses, desde Infantil a Bacharelato ou Ciclos Formativos, e tamén os do Conservatorio de Música, recibirán 35.000 euros en axudas. O prazo de solicitude está aberto ata o 25 de xuño, na sede electrónica (https://sede.aspontes.org/sxc/gl/index.html) ou o rexistro xeral (cita previa, 667 129 389 ou 667 129 380).
No caso de Educación Infantil de cero a tres anos a axuda do Concello dAs Pontes poderá acadar os 30 euros; e de tres a seis, ata 100, igual que en Primaria e ESO. En Ciclos Formativos e Bacharelato a achega sobe ata os 140 euros, e en FP básica, a 80.
O alumnado do grao elemental do Conservatorio de Música recibirá unha subvención de 40 euros e o do grao superior, de 60. Para solicitar as axudas hai que figurar no padrón municipal e ter ingresos que non superen os 22.500 euros.