Sol e grande ambiente no multitudinario Voto de Chanteiro

La Voz ARES

ARES

CEDIDA

Houbo un oficio relixioso, empanda, bebida e música de gaitas

11 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Tamén os veciños de Ares e Mugardos gozaron dunha xornada case estival durante a celebración do Voto de Chanteiro, unha das romarías máis populares da comarca. Esta tradición, que se remonta ao século XV, ten a súa orixe nunha promesa realizada cando a peste azoutaba a zona. O sol acompañou durante toda a romaría ao redor da ermida dA nosa Señora da Mercé. Tras a misa, á que asistiron numerosos veciños que abarrotaron o lugar, repartiuse un «rico anaquiño de empanada» do forno de Simou. Así o destacou a concelleira de Cultura de Ares, Alma Barros, que, xunto a representantes de ambos os Concellos, colaborou un ano máis na repartición do aperitivo e as bebidas. 

A Banda de Gaitas de Ares puxo música á cita, que continuou cun ambiente animado entre familiares, amigos e ata na praia.