O temporal provoca en Ares a rotura dun tramo da rede de saneamento

R. Loureiro

ARES

A. U.

A tubaxe, que discorría baixo o areal, acabou quedando na superficie, e a marea haa deixado á vista

23 feb 2024 . Actualizado ás 10:30 h.

O temporal provocou en Ares a rotura dun tramo da rede de saneamento. Unha rotura cuxas circunstancias exactas só se coñecerán cando, ao longo das próximas horas, os técnicos teñan podido estudar en detalle o tramo afectado. A baixada da marea deixou ao descuberto a rotura da tubaxe. Unha tubaxe que discorría baixo o areal.

Á espera de dispor de máis datos, fontes municipais sinalan que o tramo fragmentado é o que conecta a rede co tanque de mareas e, a partir deste, co sistema de depuración.

As mesmas fontes sinalan que se non fose pola baixada da marea a rotura probablemente a rotura tería tardado máis horas en ser detectado, posto que aínda que a tubaxe quedou sobre a area, ao estar cuberta non pola auga do mar non se vería.