Taller de xogos e cancións en inglés en Ares

La Voz FERROL

ARES

KIKO DELGADO

Será na academia de inglés Comically

25 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

INFANTIL

Cando: venres 26 e sábado 27

Onde: na academia de inglés de Ares Comically

Reservas: 601107626

A academia de inglés Comically acolle este venres e sábado un divertido taller para os máis pequenos da casa. Co libro «Once upon a estafe... little sheep, little sheep» os participantes cantarán e xogarán para coñecer os pormenores do inverno. «¡Trae a túa boneca ou peluche favorito: teceremos cos nosos dedos unhas bufandas para que estean ben abrigaditos!».