O Rocío aresano

ARES

Cedida

Os actos previstos comezarán ás 17.00 horas no parque Rosalía

21 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Coa chegada da primavera, Ares transfórmase nunha festa sen fin, e este próximo sábado é a quenda para a sétima Feira Rociera solidaria a beneficio de Cáritas. A organización corre a cargo de Ares Solidario, coa colaboración do Concello. Os actos previstos comezarán ás 17.00 horas no parque Rosalía, coas actuacións do Coro Rociero e o Grupo o Camiño. Logo participarán nun desfile polo pobo acompañados da carroza da Asociación O Tilo. Os organizadores garanten diversión e colorido, así como a venda de manxares doces e salgados regados polo tradicional rebujito. Conchi Ramil e Juan Martínez aseguraban onte que agardan, un ano máis, unha elevada participación para axudar a Cáritas.