Valdoviño acolle a exposición «Segundo asalto», con propostas urbanísticas para a praia de Vilarrube
FERROL
FERROL

A exposición aglutina proxectos realizados por alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
12 sep 2025 . Actualizado á 12:29 h.O alumnado de segundo e terceiro curso da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña inaugura este venres, 12 de setembro, á 18:00 h na Casa da Cultura de Valdoviño a mostra Segundo asalto, con entrada libre.
A exposición recolle os proxectos desenvolvidos na materia Análise da Arquitectura, centrados este ano na praia de Vilarrube e o núcleo de Porto do Cabo. Entre as propostas figuran itinerarios, miradoiros, zonas de esparexemento e un albergue de peregrinos no camiño a San Andrés.
A mostra permanecerá aberta ata o 28 de setembro, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 h.